A Fundación Centro Tecnolóxico da Pizarra de Galicia constituise no ano 1999, aínda que non é ata o ano 2005 en que a mesma inicia as súas actividades como tal. Ata o ano 2007 o centro estaba constituído como Fundación privada. Pero en 2008 cámbiase para titulariade pública, formando parte do padroado a Asociación Galega de Pizarristas e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Innovación e Industria, agora Economía e Industria.
A orixe deste Centro está baseada nas necesidades do sector da pizarra, fundamentalmente como apoio ó sector industrial da pizarra na resolución de problemas técnicos relacionados coas actividades de cadea de valor: extracción, elaboración, ensaios e colocación.
Fundación Centro Tecnolóxico da Pizarra - 32330 Sobradelo de Valdeorras s/n - Tel./Fax: 988 33 52 24 -
laboratorioctp@agp.es